“A Illa dos Nen@s” en Corcubión
“Maxia vs Ciencia” foi o espectáculo que poidemos disfrutar na Casa da Cultura de Corcubión o dia das Letras Galegas deste ano 2013; adicado desta volta a Roberto Vidal Bolaño.
Un pouquiño de Teatro e Maxia, para logo dar paso a un Obradoiro de Ciencia, no que os máis pequenos disfrutaron descubrindo e creando coas súas propias mans.
En xeral, a actividade foi moi participativa e lúdica. Con público asistente de tódalas idades.
A duración foi de case 3 horas, comezando ás 18:30h, e que pasaron voando.
Nas fotos amosamos algunha das manualidades que fixeron os rapaces e rapazas. Dous grupos de 15 nen@s máis ou menos.
Utilizamos para realizar as actividades, dous espazos da Casa da Cultura: a sala “Museo” (para o Obradoiro) e o salón de actos (Maxia).