A ciencia é divertida na Biblioteca de Lorbé-Dexo, Oleiros
O 2 de outubro fixemos esta actividade dividida en dúas quendas, de 0 a 3 anos e de 3 a 6, ámbalas dúas parten dun conto sobre un globiño vermello, para comezar a facer experimentos co globiño, a partir de alí e coa axuda de obxectos e materias de uso cotiá, faise ciencia, experiméntase coa física e a química, dende inchar un globo utilizando vinagre e bicarbonato a crear a nosa propia lámpada de lava.
É una actividade sorprendente, orixinal e divertida, gustou moito.
Complementouse a actividade cunha pequena exposición cos fondos sobre Física, Química, experimentos e inventos.