“Dende o punto ó infinito” en BIBLIOPAZOS
A Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS), celebrou o pasado día 30 de setembro unha nova actividade de Animación á Lectura, dentro do programa LER CONTA MOITO da Rede de Bibliotecas de Galicia, co obradoiro creativo “Dende o punto ó infinito” de Expresións Produccións, no que Manuel Solla Barragáns mediante a dramatización de contos, historias de animais, un pouco de maxia e, sobre todo, moita diversión foi quen de conseguir que os asistentes participaran moi activamente na sesión.
Darlle unha ollada ás imaxes e poderedes ver o resultado: