Magín Blanco visitou Meis con “Libros en-cantados”
A Biblioteca Municipal de Meis tivo o pracer de recibir o pasado 23 de abril, Día Internacional do Libro, a visita do gran músico e letrista Magín Blanco co seu espectáculo “Libros en-cantados”. Durante máis dunha hora presentou ante nenos e adultos diversas cancións infantís publicadas nos últimos anos en traballos como A nena e o grilo ou María Fumaça. Unha ledicia escoitalo.





