“Palabras Percuditas” na Biblioteca Municipal de Meis
O pasado 2 de abril tivo lugar na Biblioteca Municipal de Meis a actuación de Charo Pita e Javier Fernández co seu espectáculo “Palabras Percuditas” no que mesturaron contos e músicas usando diversos instrumentos de percusión. Acudiron medio cento de nenos e nenas que gozaron escoitando e bailando na compaña destes grandes artistas.