Contos na biblioteca cos que traballar diferentes valores: a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo.
O sábado 12 de abril Xanela Ocio visitou a Biblioteca Ánxel Casal e isto foi o que nos trouxo:

Contos en galego adaptados ao revés. Nos contos de Xanela Ocio, as bruxas son boas e os príncipes feos.

Traballamos a igualdade e o respecto polos demais e polo medio que nos rodea de xeito ameno, divertido e educativo.
Consultar o enlace ao evento no Facebook da biblioteca
“Os Contos de Pablisimo” coa actividade “¡RÁS! Contos Batracios” visitou a Biblioteca Pública Municipal de Cedeira, cunha serie de contos curtos donde os animais son os protagonistas, entre eles “Raniñas nun coche”, “Sapo e Sepo”, etc, participando os nenos cantando e repetindoos co artista.
Estos contos cheos de elementos visuais acompañaban as historias. O final os nenos dixeron que os contaba moi ben, e o resultado foi excelente, e pedian, outro, outro, outro, …
María Lires imparteu un obradoiro de debuxo e pintura a un grupo de nenos e nenas. 
Para repetir!
O domingo día 13 ás 18.30 houbo un gran misterio en Cordeiro, o do pirata Benito Soto, de Polo Correo do Vento que o desentrañamos coa axuda de Enrique Mauricio que argallou unha historia de xeito oral, namentres Carlos Taboada debuxou un mural vencellado ao conto. Pasámolo moi ben debuxando ao pirata Benito.
O mércores pasado, foi tarde de ciencia na biblioteca municipal de Baiona. A través dos libros e experimentos, Nita meteunos o gusanillo da experimentación e a observación. Quedamos todos abraiados!!!

Leo consigue coa súa maxia que ata os libros boten lume.
Espectáculo moi divertido. A artista sabe como chamar a atención dos máis pequenos/as.
Os rapaces/as participan na execución dos trucos, rinse e están coma hipnotizados todo o tempo que dura a función. Múltiples referencias a lecturas.


Séguenos