Triquitraque Traquetrique na Biblioteca Municipal do Grove
Charo Pita achegou ata a Biblioteca Municipal do Grove o espectáculo Triquitraque Traquetrique na mañá do sábado 10 de maio.

Trinta bebés acompañados dos seus pais e nais, asistiron a unha sesión moi especial de contacontos onde a narración de historias viña acompañada de xogos de palabras, trabalínguas, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes e música.

A pesar de que os nenos e nenas eran moi pequenos, portáronse moi ben e estiveron atentos ata o final, escoitando e participando cos seus pais e nais nesta divertida sesión de animación.





