Entre arrolos e contiños: Os contos do chupete na Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo
O sábado 24 celebramos na biblioteca unha nova mañá Entre arrolos e contiños na compaña de Bea Campos e David Fernández e os seus Contos do chupete.
Foi unha mañá chea de novidades literarias, pois presentáronnos novos contos recén saídiños do forno! Así, aprendimos as cores da man dos ratiños de Leo Lionni, ou cantamos as rimas de Antonio Rubio en Zapato, Piñeiro e Violín. Non faltaron tampouco clásicos como O poliño da abeleira, nin a música do acordeón ou a ocarina para acompañar estes fantásticos contos.
Despedímonos como de costume cunha preciosa canción tradicional, o alecrín:
Alecrín, alecrín dourado
que naceu no monte
sen ser sementado.
Ai amor, amor
¿quen che dixo a ti
que a flor do toxo
era o alecrín?
Como sempre, todas as fotos da sesión están á vosa disposición no álbum da biblioteca Xosé Neira Vilas.
Entre arrolos e contiños. Os contos do Chupete
Próxima sesión: sábado 21 de xuño de 2014
*Inscrición: a partir do 2 de xuño ás 17.00h




