A Biblioteca de Baiona con Aventuras na cociña
“Que a comida sexa o teu alimento e o alimento túa mediciña”, con este sabio consello abriron o ratonciño Fuco e os Ratos da Biblioteca, ofrecéndonos onte unha divertidísima tarde chea de contos, música, danza e bo humor que, axudaron sen dúbida, a fomentar o uso da biblioteca e a lectura.