Títeres Cachirulo na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal” (Arteixo)

O día 21 de outubro Títeres Cachirulo representou O Libro da Selva, un espectáculo de títeres ao que asistiron 40 crianzas e 12 persoas adultas.
Dunha maneira amena e divertida, Mowgli e os diferentes personaxes que o acompañan, levaron a nosa Biblioteca ás espesuras da selva onde se viviron, durante 55 minutos, emocionantes aventuras que remataron con éxito para os protagonistas.




