A ciencia é divertida na Axencia de Lectura de San Sadurniño
A sala de lectura da Biblioteca Municipal acolleu o venres 10 de abril, de 11.15 a 14.00 horas, un taller creativo titulado “A ciencia é divertida”, que foi impartido por Ana Romero Porto “Nita”. Participaron corenta alumnos e alumnas do C.P.I. con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos. Da man da contadora Nita os rapaces escoitaron contos e mais practicaron con experimentos.






