Fátima Fernández na B.P.M. de Covelo. Sesión de Contacontos
O día 16 de abril recibimos en Covelo a Fátima Fernández que nos deleitou con dúas sesións de contacontos. A primeira foi para os máis cativos, nenos de 3 a 5 anos e a segunda para os nenos de 6 a 8 anos. Pasaron un rato moi bo e disfrutaron coa narración dos contos de Fátima.






