Abegondo celebra o Día das Letras Galegas con Migallas Teatro
O domingo día 17 de maio para festexar o Día das Letras Galegas, Migallas Teatro representaron o espectáculo “Merenda con pan de millo”, con narracións e cancións propias e tradicionais.
Os espectadores estiveron moi participativos cantando e bailando, tanto nenos como adultos.
A posta en escena foi sorprendente e cautivadora.