“Cousas de Castelao” en Touro
O pasado xoves 14 de maio, Títeres Cachirulo, grazas ao programa Ler Conta Moito, presentou en Touro o seu espectáculo de sombras “Cousas de Castelao”
A historia comeza o día que Pedro anda a marear a perdiz para non ir á escola. Buscando motivos para non asistir, vai sendo testemuña de diferentes situación sociais que se producen na vila.
Máis de oitenta nenos e nenas puideron desfrutar desta actividade, na que ao final viron como se realizaban as sombras e aprenderon a mover os personaxes que mais lles gustaran.






