MeRe Clown en Touro
O 15 de maio dentro da programación de Letras Galegas a ALM Xosé Neira Vilas de Touro contou co contacontos Os Contos do Avó: Mulleres Galegas de MeRe Clown
O 15 de maio dentro da programación de Letras Galegas a ALM Xosé Neira Vilas de Touro contou co contacontos Os Contos do Avó: Mulleres Galegas de MeRe Clown
Onte tivemos a sorte de desfrutar na biblioteca da función “Quiquiriquí!” de Raquel Crespo da man de Maite. A través dunha historia divertida sobre o galo Moncho e a súa dona Rosiña descubrimos o valor de ser “únicos” e, sobre todo, de ser sempre un mesmo. Unha obra que encheu a biblioteca de risos, tanto dos pequenos e pequenas coma das persoas adultas que gozamos dela!

Onte puidemos desfrutar da man de Títeres Babaluva dun espectáculo de monicreques. Con eles navegamos a través de dúas historias vinculadas ao mar, tratando a importancia do seu coidado á vez que se promovían valores como a amizade ou o respecto. Puidemos, así, achegarnos dunha forma lúdica ao coñecemento de diferentes especies do noso mar á vez que descubrimos cancións do cancioneiro galego tan ligado ao mesmo. Unha tarde moi divertida que nos permitiu incluso probar como manipular os diferentes protagonistas e aproximarnos o seu proceso de creación!

Este xoves día 15 de maio, e con motivo do Día das Letras Galegas, puidemos desfrutar na biblioteca do espéctaculo Cantaruxa Catuxa. Da man de Aida, descubrimos o valor das cantigas e da labor das cantareiras para deixar en nós un fermoso legado que, nas súas palabras, temos que “cultivar” e coidar para seguir transmitindo a nosa cultura de xeración en xeración. Sen dúbida, un contacontos que deixou pegada na cativada pero tamén nas persoas adultas que presenciamos a mesma!

ler conta moito
Pequenos e maiores acudiron a tarde do pasado venres ao espectáculo de Trinketrinke, Animais do Bosque
Foi unha divertida tarde de teatro
Pequenos e maiores desfrutaron na tarde do pasado venres 2 de xuño, de Roupa Tendida, función protagonizada por Atenea García
Co motivo das Letras Galegas as nenas, nenos e maiores de Touro gozaron de KAMISHIBAI (Debulando lendas galegas) a tarde do venres.
Nenos, nenas e maiores desfrutaron onte a tarde en Touro da Maleta da Avoa, protagonizada por Raquel Queizás. Foron contos con obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de tres anos con motivo da celebración das Letras Galegas.
Nenos e nenas desfrutaron o pasado venres da narración oral de Vero Rilo na ALM Xosé Neira Vilas de Touro. Foi un tempiño de lecer e diversión

Vero Rilo Touro
Un grupo de nenos, nenas e maiores asistiron o pasado venres á función Andar aos Biosbardos de Charo Pita. Foi unha tarde moi divertida con contos que falan da amizade, das dúbidas, dos atrancos, da marabilla que é compartir con quen nos quere.

Andar aos biosbardos


Séguenos