“Contos de Lobo” na biblioteca municipal de Oroso
A biblioteca municipal de Oroso celebrou o pasado día 18 de maio a actividade “Contos de Lobo”, programada con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2015.

A actividade foi realizada por “Teatro Ghazafelhos” e consistiu en facer teatro a partir dos textos de diversos contos populares que teñen como protagonista ao lobo, como Carapuchiña Vermella.

Os asistentes disfrutaron dunha experiencia que os achegou ao mundo do teatro dunha forma divertida e algúns dos máis xóvenes puideron demostrar aos demáis as súas dotes como futuros actores e actrices.





