Rois goza co obradoiro de improvisación en verso organizado pola biblioteca pública municipal
O pasado luns 18 de maio o alumnado de educación secundaria do municipio de Rois iniciouse na cultura da regueifa nun obradoiro a cargo de dous improvisadores da Asociación Oral de Galicia. Traballaron dun xeito interactivo coa mocidade para inicialos nas técnicas de construción de complas, en base a tres criterios: actualidade, realidade do entorno do alumnado e creatividade. Supuxo unha actividade moi divertida e participativa, onde a axilidade mental, a creatividade e a práctica da lingua foros elementos fundamentais.