TÍTERES NAS MANS EN RIBADETEA (PONTEAREAS)
Para festexar a semana do libro, o luns 20 de abril ás 6 da tarde tivemos unha actividade chamada Títeres nas mans con Larraitz Urruzola, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
Os nenos pintaron as súas mans creando monicreques que cobraron vida e que nos contaron pequenas historias inventadas por eles.