Imaxinando minchapas nas Pontes con Manel Cráneo


Os rapaces e rapazas das Pontes achegáronse ao mundo do planeta Mincha e de Pichück da man do seu creador Manel Cráneo o pasado sábado 18. Despois fixeron os seus propios debuxos que convertiron en chapas que levaron para a casa. Pasámolo moi ben.




