“Aventuras na cociña”, de Trinketrinke teatro na Biblioteca Municipal Central de Cangas
O 16 de outubro, unha ratiña de Lonxedetodo visitou a nosa Biblioteca, e cantando e contando contos aderezados e confeccionados coma unha carta de restaurante, fixo desfrutar a nenos e acompañantes dun rato entrañable.
Ao finalizar todos e todas querían fotografiarse con Lilí Gruyere e os platos do seu menú.