A Biblioteca Luís Rei énchese de cor con Barafunda!
O pasado venres 1 de abril, a Biblioteca Municipal Luís Rei encheuse de cor y gargalladas grazas a Barafunda e o seu espectáculo “Pepiña Maruxiña quere voar”.
Quixemos celebrar por todo o alto o Día do Libro Infantil e o Día do Autismo. A biblioteca contou con numerosos usuarios; comezamos coa lectura do manifesto a prol da lectura, realizada por rapaces e rapazas que asisten habitualmente ás actividades das tarde. Visitáronnos tamén integrantes de Bata, Anpa Os Mecos e Por Dereito, que traballan pola inclusión de persoas con autismo.
A xornada resultou moi divertida e agardamos poder volver a contar moi pronto con todos eles!