O recuncho dos contos na Axencia de lectura de Guillade
O martes 19 de abril para celebrar o día do libro na axencia de lectura de Guillade recibimos a Pinga Teatro. Mais de trinta persoas gozamos con dous contos moi entretidos e dinámicos : a toupiña que quería saber e outro dunha bruxa malísima.
Despois, coa participación activa do público, continuou a actuación cunha interpretación de guitarra inesquecible.






