CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS EN TOURO
SARABELA TEATRO – “CONTO EXPRESS””
Ranpunzel e Grettel Chanetti chegaron en bicicleta a Casa de Cultura cargados dunhas pizzas moi especiais, eran “Contos express”, e contaron coa colaboración dos nenos e nenas de Touro para axudar a Camilo Comilón a cociñar saborosas receitas.
Os nenos moi participativos en todo momento, desfrutaron da actividade.
TRÉCOLA TEATRO – “Madame Bechamel e Signorina Bolognesa”
Madame Bechamel e signorina Bolognesa ensinaron aos nenos e nenas de Touro a preparar un prato moi especial…. “saborosos bicos”, mentres contaron un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa…..
As dúas cociñeiras encandearon ao público asistente.