Poemas e contos con Manuel María
Celebramos o Día das L
etras Galegas na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés con Marisa Irimia.
Vinte nenos e nenas cos seus pais e nais estiveron na sala infantil escoitando a música de violín e os poemas de Manuel María. Combinábanse e entrelazábanse nunha madeixa de historias que se ían desfiando de vagariño.
Unha boa actividade de difusión da obra de Manuel María aos cativos que bailaron, molláronse coa choiva e mesmo sopraron para despertar ao sol.
Máis información no blog da sala infantil: BLOGGIT
















O venres 20 de maio, dentro das actividades adicadas as letras galegas da Biblioteca de Verín, tivemos a Sarabela Teatro: “Nola e María na Terra Cha”.
Máis de 40 nenos e nenas desfrutaron deste magnífico viaxe pola Terra Cha, terra de Manuel María.


Séguenos