O poeta do Miño, una homenaxe a Manuel Maria na BPM do Rosal
O Miño cheo de poesía; mistura aventuras, amor, xeografía e Manuel Maria.
Recital con ilustracións e obradoiros de caricaturas


O Miño cheo de poesía; mistura aventuras, amor, xeografía e Manuel Maria.
Recital con ilustracións e obradoiros de caricaturas


Estes libros son máxicos; cos pequenos como axudantes, e xuntando a maxia cas risas, e a ilusión ca diversión…….. resulta divertidos para todos!!!
![20160424_183529[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/07/20160424_1835291-300x225.jpg)
![20160424_185033[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/07/20160424_1850331-300x225.jpg)

Vaia festa organizou Paco Nogueiras na Axencia de Lectura Municipal de Carnota co Brinca vai! Velaquí a rapazada carnotá totalmente entregada. Espectáculo divertidísimo e de gran calidade, absolutamente recomendable.
Lily Gruyere veu desde Lonxedetodo co seu amigo O coelliño branco, un monicreque cheo de tenrura, que protagoniza toda a función. Cancións, números de maxia e o conto dramatizado coa colaboración dos/as n
enos/as e adultos asistentes.


Nesta magnifica sesión de maxia cargado de moito humor, os/as nenos e nenas de Carballedo disfrutaron dunha tarde singular na Biblioteca Municipal.
Celebramos un obradoiro de creatividade con Olga Abad, no que ademáis a narración oral estivo moi presente.

Pais e nais, xunto con Olga e todos colaborando para dar a coñecer ás novas xeracións a máis antiga narración oral galega.

Para nenos e nenas de 4 a 8 anos. Con iste obradoiro rematamos as nosas actividades do programa Ler Conta Moito

Para máis información sobre este evento, clicar aquí.
O pasado 23 de xuño visitou a Axencia de Lectura Municipal de Xinzo o grupo Animar-t e dentro da programación de actos que tivemos para pechar o curso escolar.
Ofrecéronnos un contacontos titulado A Casiña de Cartón con cancións cantadas en directo axudado de moito humor e monicreques de gomaespuma. coa intención de ensinarnos que reciclar e axudar aos demáis pode ser moi divertido.

A obra tivo moita audiencia tanto de nenos como adultos e todos, o público e a bibliotecaria quedamos moi contentos, pois foi moi divertido e ademais observouse unha grande profesionalidade no artista que manexaba aos nenos como quería.

O 17 de Xuño máis de 200 nenos de 3 a 12 anos despediron o curso escolar cos monicreques de Kukas.
Xan Perillán prepara a súa maleta máxica para viaxar a Pernambuco.
El e máis o seu loro Ravachol, que aparece e desaparece, fixeron gozar aos máis cativos nesta despedida de curso escolar.
O pasado día 29 de xuño Ana Romero trouxonos unha chea de contos que enalazaba con experimentos cos que os nenos e nenas vian que están rodeados de ciencia. Con auga, aceite, bicarbonato sódico fixeron numeros experimentos cos que os nenos e nenas quedaron abraiados.


Obradoiros e narración oral onde a ciencia é divertida.
No PAI de Boimorto


Séguenos