A compañía Elefante Elegante na Axencia de Lectura Municipal de Domaio co seu espectáculo: “O Xigante”
O pasado venres día 7 de outubro, contamos na Axencia de Lectura Municipal de Domaio, en Moaña, coa compañía Elefante Elegante e o seu espectáculo “O Xigante”; unha adaptación teatral do conto de Oscar Wilde para o público infantil.
O “Xigante” fixo disfrutar a pequen@s e maiores cun espectáculo divertido e cargado de valores.