O MAGO PACO NA AXENCIA DE LECTURA DE DOMAIO-MOAÑA
O venres 19 de maio tivemos na ALM de Domaio ao Mago Paco co seu HOCUS POCUS.
Houbo moitas risas, maxia e algunhas sorpresas.
O venres 19 de maio tivemos na ALM de Domaio ao Mago Paco co seu HOCUS POCUS.
Houbo moitas risas, maxia e algunhas sorpresas.
Pasamos unha tarde divertida na ALM de Tirán con MARÍA DA PONTRAGHA e as súas historias de camiños.
O pasado venres tivemos na Axencia de Lectura de Domaio ao grupo Barafunda animación. Pequenas/os e maiores divertíronse moito con Leda e o seu avó Cristovo, o censor de monstros, que viñeron a Domaio para descubrir os monstros e seres fantásticos que habitan en Galicia.
O venres en Domaio enchémonos de rock con Pakolas mentres admiramos a arte de Laura Romero co seu mural ao redor da historia de Ramona Órbita. Unha tarde divertida para os máis pequenos que non pararon de bailar.
O pasado venres na Axencia de Lectura Municipal de Domaio tivemos un contacontos sobre a igualdade “Un día de treboada” con Miriam Crespo de Asacocirco Compañia .
Un contacontos con moita participación do público, manipulación de obxetos e malabarismos. Unha tarde divertida para os máis cativos.
O venres aprendemos moitas cancións sobre a vida na fraga con Gloria Mosquera e Tomi López de Mamá Cabra.
Tomi e Gloria contan historias coas súas cancións, nas que se tratan o coidado da natureza, facendo reflexionar sobre a importancia do Patrimonio natural.
O venres, en Domaio, no “Ler contamoito”, aprendemos da riqueza da diversidade con Pérez&Fernández e o seu ROSA E AZUL.
Azul e Rosa é unha coidada selección de contos non sexistas que pretende eliminar valores e actitudes estereotipadas.
O pasado venres no Ler Conta Moito de Domaio ficamos todas e todos sorprendidos cos poderes do mago Pedro Bugarín no seu espectáculo de maxia 4.0. Foi unha tarde de desfrute co ilusionismo.
O pasado venres nenas e nenos ateigaron o auditorio do Centro Cultural Rosalía de Castro para cantar e bailar co “Brinca vai” de Paco Nogueiras dentro do Ler conta moito da Axencia Municipal de Lectura de Domaio.
Séguenos