Barafunda co “Censor de monstros” na Axencia de Lectura de Domaio
O pasado venres tivemos na Axencia de Lectura de Domaio ao grupo Barafunda animación. Pequenas/os e maiores divertíronse moito con Leda e o seu avó Cristovo, o censor de monstros, que viñeron a Domaio para descubrir os monstros e seres fantásticos que habitan en Galicia.