Jorge e María enchen Cambados de música e poesía!
Onte, martes 21 de marzo, a Biblioteca Viaxeira desprazouse ata o cole de Castrelo para celebrar co seu alumnado o Día da Poesía.
Jorge e María percorreron algunhas das letras do abecedario para, con cada unha, facer fermosas e divertidas cancións como a do hip hip hipo! a do corazón… ou a da nai marciana!
Os rapaces pasáronno en grande e mesmo se arrincaron a cantar e bailar!