ACTIVIDADE DE “DEBUXO RÍTMICO” CON MARARI NA B.P.M. DE SALVATERRA DE MIÑO
Onte xoves día 6 de abril de 2017, no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal de Salvaterra de Miño, no programa abril mes do libro que patrocina o Concello e Ler Conta Moito, os rapac@s máis pequenos e os seus país disfrutaron dunha tarde distinta cunha actividade de debuxo rítmico (ca animadora Mirari) , que consistiu en que a través de cancións e música os nen@s seguiron o ritmo camiñando, correndo, saltando e debuxando no aire os trazos que escoitaron na canción e logo plasmarono no papel. E o final beillaron coas súas nais un vals e outros bailes. Foi moi divertido, xa están esperando para outra.

Plasmando a canción no papel

Bailando un vals coas nais




