“Brinca vai! De aquí a acolá” no centro sociocultural de Vite.
O mércores, 19 de abril ás 18:30 horas, tivo lugar o esperadísimo espectáculo de Paco Nogueiras. Os cativos e os adultos pasárono moi ben coas cancións que lles ía propoñendo ó longo da tarde e coas que puideron cantar, berrar, brincar e bailar. A tarde pasou moi rápida e quedamos con moitas ganas de máis.
Paco Nogueiras iniciou a actividade cunha pequena presentación sobre si mesmo e sobre a importancia de ler o que lle permitiu enlazar co seu libro “Brinca vai! De aquí a acolá”. Logo empezou a cantar, empregando distintos instrumentos cos que enriqueceu a actividade e buscando sempre a participación dos asistentes, que quedaron encantados. Ó final, ante a insistencia, e malia ter rematado cantou unha canción máis e fotogafiouse cos cativos que llo pediron 🙂
|