EN FOZ CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO CON ELEFANTE ELEGANTE
A Biblioteca Pública Municipal de Foz, celebrou este mércores a semana do libro cos nenos e nenas de Foz que acudiron a ver a Elefante Elegante con “Lobo bobo”, ás 18:30 horas. Unha mixtura de contos tradicionais e unha posta en escea chea de risas, música e mímica.
Tivo que ser no salón, desbordados pola afluencia de nenos que o pasaron en grande coa gran profesionalidade de Gonzalo Guerreiro.
Bo e productivo día do libro a todos.