Á ESCENA CONTOS! NA BIBLIOTECA P. MUNICIPAL DE A RÚA






Para rematar as actividades programadas arredor da data do “Día do Libro”, contamos hoxe na biblioteca coa actividade “Á escena contos!”. A mellor parte de calquera espectáculo é crealo, e iso é o que se fixo nesta actividade de “Ler conta Moito” . 16 nenos dos últimos cursos de primaria, dos colexios Manuel Respino e Pablo VI-Fátima crearon un pequeno espectáculo audiovisual a partir dunha historia: os personaxes, escenario, música, e o mellor de todo levaron a escena o conto de “monstros” para todos os compañeiros. O resultado quedou moi gracioso. Os nenos aprenderon a preparar unha historia e contala, para deste xeito poder repetir a experiencia cando, como e onde queiran, só precisan de dúas ferramentas: a creatividade e unha historia!




