“Os ratiños da caixa” na AML Xosé Cardeso Liñares de Culleredo
Para celebrar o día das Letras Galegas, as nosas bibliotecas programaron distintas actividades. O día 15 de maio estiveron Trinketrinke Teatro con “Os ratiños da caixa”. O actor, disfrazado de ratiño, escenifica uns divertidísimos contos, baseados nos libros do escritor Arnold Lobel: Sopa de rato e Contos de ratiños. A música de acordeón e as cancións interpretadas en directo, xunto cos contos, son perfectos para que os nenos, e os pais e nais, interactúen tamén.