As Aventuras de Mamá Cabra na ALM de Carnota
O venres 7 de xullo, o salón de actos do Concello de Carnota ateigouse de xente miúda para cantar e bailar coas “Aventuras de Mamá Cabra: contos que saen dos libros”. Gloria Mosquera, Tomi López e Iago Rodríguez guiáronnos por algúns dos temas máis coñecidos deste grandísimo grupo, co que pequenos e maiores gozamos por igual.