Gargallando na Biblioteca Municipal “Varela Jácome” de Lalín
Os días 4, 11, 18 e 26 de xullo ás 17:00, nenos e nenas de 7 a 12 anos puideron desfrutar do obradoiro “Bibliotecas animadas” de Gargallando. Fotografías, gravacións e debuxos foron os elementos cos que puideron experimentar os rapaces e rapazas asistentes quen, a partir dun conto, debuxaban e coloreaban os personaxes do mesmo.
Unha experiencia que, dende logo, non esquecerán, pois grazas a estes obradoiros puideron traballar a súa propia creatividade a través, non só do debuxo, senón tamén da creación de imaxes en movemento.