“O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” chegan á biblioteca de Xermade
Celebramos o Día das Bibliotecas con esta actividade tan doce e apetecible. O cociñeiro e a pasteleira contáronnos a súa historia de amor chea de contos e de mazás asadas. Ao rematar os contos tivemos un obradoiro onde os nenos e nenas elaboraron cadansúa magadalena de pasta de azucre “fondant”.






