Verdeveras Expresións Artísticas en Taboada
Mariña é a mellor regueifeira do mundo mundial pero queda sen palabras… Nikolai sempre quixo ser músico e tocoulle ser aviador. Xuntos emprenderán unha viaxe polo mundo buscando palabras novas para as súas regueifas, porque o mundo tamén ten moito que contar.
Actuación destes artistas na casa da Cultura de Taboada o día das letras galegas. Foi tanta a participación que tivemos que usar o salón de actos.