Día da Maxia da Biblioteca de Ribeira
Dia da Maxia, dentro do programa de dinamización da lectura Ler Conta Moito que se desenvolve todos os anos na Biblioteca co apoio da Xunta de Galicia.
Este venres pasado, 27 de xullo, por estarmos en obras na Biblioteca Pública Municipal, trasladamos os libros de maxia á pequena biblioteca móbil que instalamos no Espazo Municipal de Usos Múltiples.
Tres espectáculos do mago Teto e o mago Bugarín dirixidos á dinamización da lectura durante toda a mañá, nos que aprendemos trucos e pasamos uns intres ben agradables con mil cousas imposibles ao redor. Maxia…
Ler conta moito!