A ciencia de Harry Potter na biblioteca de Mondariz-Balneario

O sábado 28 de xullo ás 20:00 horas, estivo con nós David Ballesteros co seu espectáculo “A ciencia de Harry Potter” un espectáculo-charla cientifíca de inspiración Literaria. A través de experimentos espectaculares fumos percorrendo o mundo creado por J. L. Rowling e analizamos desde a óptica da Ciencia a viabilidade no mundo real ou non do universo literario de Harry Potter. Todos quedamos abraiados coas súas explicacións e experimentos acerca do mundo fantástico que envolve a este personaxe. Actividade máis que recomendable tanto para nenos coma para maiores.




