Pablo Sánchez “Os Contos de Pablísimo: O paroleiro” na Biblioteca Municipal de Neda
O martes 2 de outubro na Biblioteca Municipal de Neda tivemos a primeira sesión do programa Ler conta moito coa visita de Pablo Sánchez.
O paroleiro é moi amigo de parolar… gosta de laretear, enredar, falar e de contar. Conta sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leve na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos.


¡Pasámolo xenial!
Parabéns polo gran traballo.




