Viaxamos con Paco Nogueiras a través das ondas de Radio BuleBule
O sábado 6 de outubro emitimos desde Catoira un novo programa de radio BuleBule con Paco Nogueiras. A Biblioteca quedou pequena para acoller a numeroso público. Pequenos e maiores cantaron e bailaron coas historias e os ritmos deste divertido espectáculo, baseado no fermoso libro-cd-dvd editado por Kalandraka e con ilustracións de David Pintor.




