Elisabet Hillerud visita a Biblioteca “Dora Vázquez” de Oseiro, Arteixo
Nesta ocasión foi o grupo do Club de Lectura de Arteixo quen puido gozar do método Zentangle. Debuxos de sombras, relevo e diferentes planos para conseguir tranquilidade e concentración, obxectivo final da actividade. Desta forma cada participante dá renda solta a expresión creativa máis íntima, elevando a concentración o seu máximo esplendor.
Aínda que non asistiron a totalidade de membros que compoñen o grupo do Club de Lectura os que participaron amosaron a súa satisfacción coa actividade que comezou as 17:30 e rematou as 19:00 h.