Museo Científico na Biblioteca Central de Cambre
Actividade moi interesante para divulgar o coñecemento e a experimentación.
A modo de Museo onde está PROHIBIDO NON TOCAR, preséntannos unha serie de obxectos que espertan a curiosidade do público, non só infantil.
Os nenos e nenas teñen oportunidade de experimentar, tocar e comprobar a súa “maxia”.
Este Museo está magníficamente guiado por Xesús Fernández e Lana Rodríguez que saben transmitir e contaxiar a curiosidade de cada experimento.
Un dos maiores atractivos foi a Bola de Plasma, que algúns xa pensan pedir aos Reis…
Tamén o Motor Stirling lento, que funciona tanto cun foco de enerxia quente como fría, ou o Móvile, elemento que permanece nun movemento continuo.
O pédulo de Newton, que nos explica a transformación da enerxía potencial en cinética, os Patos Bebedores, ou a evolución que podemos apreciar nas Memorias informáticas. Tamén está presente a lei de Moore, o Principio de Arquímedes e o de Pascal a través do Diábolo de Descartes.
Non faltan panais de abella ou os estudios da Divina proporción, coa sucesión de Fibonacci…
Remata o percorrido cun divertido experimento dun vaso con auga, boca abaixo e só suxeito cun pedaciño de folio.
Actividade moi ben valorada por todos e todas as participantes.