“UNHA ÁRBORE VEN A VERNOS” NA BIBLIOTECA DE MUXÍA


As nenas e nenos de Muxía non puideron celebrar mellor o Día da Biblioteca ca con estes divertidos contos de Anxo Moure. Foi onte, 24 de outubro, ás seis da tarde . Riron, bailaron e falaron de árbores, de coidados á natureza e da maldade das guerras. Unha sesión moi bonita e participativa.




