A galiña de ovos de conto cacarexou en Rois
30 nenos e nenas s participaron este mércores na actividade creativa organizada pola biblioteca municipal, A galiña dos ovos de conto, a cargo de Electra Menéndez Muñoz, da entidade Pedras Artesanía e Patrimonio.
Dada a elevada demanda da actividade, organizáronse dúas sesións: unha ás cinco menos cuarto da tarde e outra ás seis.
Durante algo máis dunha hora, e a partir dun conto no que a protagonista era a galiña Rosiña, os participantes fixeron unha actividade plástica con plastilina na que inventaron personaxes para elaborar conxuntamente un conto.