Güe Güe na Biblioteca Municipal de Paiosaco

O xoves día 4 de outubro, os máis pequenos da casa tiveron unha xornada moi especial…


O xoves día 4 de outubro, os máis pequenos da casa tiveron unha xornada moi especial…


O pasado día 3 de Outubro tivemos a actuación de Magin Blanco na biblioteca de Val do Dubra, foi unha actividade moi divertida, donde o nen@s participaron moito, e pasárono xenial, gustounos moito.



Sivia Penide e César de Centi animaron a palabra que saíse da maleta co calor das palmadas e cores dos nenos e familias.
O martes 2 de outubro, a mans de Andamiaxe, visitaron a biblioteca de Vilalonga en Sanxenxo. Gozamos dunha actividade moi apetitosa: “un banquete con moito conto”, onde os comensais gozaron dos deliciosos pratos preparados por eles mesmos. No momento da finalización, pagaron a factura moi satisfeitos co servizo prestado, expresando a súa intención de repetir a velada cunha nova visita á biblioteca.


O pasado sábado día 6 de outubro estivo na BPM de Santa Comba o Mago Paco co seu espectáculo “Maxia divertida 2.0”. Todos os asistentes disfrutaron dunha mañan de contos con maxia, da que quedaron gratamente sorprendidos.
Tivemos na biblioteca de Xermade a Pakolas cun marabilloso espectáculo, onde todos poidemos desfrutar do Rock and roll. Os nenos e nenas poideron bailar, cantar e coñecer instrumentos e obxectos musicais pouco familiares para os máis novos, como o theremín, a guitarra eléctrica…
E ademais Pakolas mostrounos os libros-cd, que leva publicado ata agora na colección Sonárbore da Ed. Galaxia: “Pakolas”, “A gramola Gominola”… Neses libros-cd atopamos “cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender”.

O venres, 5 de outubro, Raquel da editora OQO chegou á biblioteca de Mera cargada de mobiliario e utensilios de cociña. E non só iso … tamén trouxo música, contos e xogos cos que elaboramos a nosa mellor sopa do mundo.

Deliciosa !!!

O venres 5 de outubro, a Biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, tivo nas súas instalacións, por unhas horas un Museo Científico!!. Distribuidos en tres mesas, foron pasando por elas para poder desfrutar de máis de 20 obxetos para aprender e curiosear no mundo da ciencia.

O venres 5 de outubro, tubo lugar a actividade musical Bibliodiscoteca, por conta da artista María Faltri, na rúa diante da Biblioteca municipal. Tivo un gran éxito de público e gustou moito. Os pequenos foron os que mellor o pasaron.



Séguenos