Samaín con maxia no Concello da Baña
Que ben o pasamos lendo, contando, xogando ás cartas e facendo maxia na tarde do 30 de outubro, con motivo do Samaín. O mago Pedro Bugarín conectou con nenos e nenas, papás e mamás e avós e avoas para participar nesta actividade tan animada e divertida.
Pasamos algo de medo con algún dos trucos deste mago pero tamén se trataba dunha tarde noite de terror!