Xarope Tulú visitou Allariz
Hoxe comezamos un ano mais as actividades do programa Ler conta moito 2019 coa visita de Atenea García de Xarope Tulú e o seu espectáculo ” Bichocas”.
Estrearon o programa os nenos e nenas da Galescola de Allariz.
Un espectáculo que mestura narración oral e música, cunha gran profesional coma Atenea que os deixou a todos e todas abraiados .
Pasámolo moi ben!