Pakolas chega ás Pontes co seu Cores, Contos e Rock’n’Roll
O domingo 21 Pakolas visitou As Pontes co seu espectáculo muiscal Cores, contos e Rock’n’Roll. Nestas xornadas nas que o bo tempo nos permite trasladar a biblioteca ao parque, desfrutamos da boa música e da enerxía que sempre nos trae Pakolas. Ademais nesta ocasión tamén dos debuxos de Laura Romero que aos nenos e nenas das Pontes encantáronlles.